12º Concurso de Pintura al Aire Libre


CÍRCULO CULTURAL DEPORTIVO DE SANXENXO

XII CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE

“EMBARCACIÓNS E APARELLOS MARIÑEIROS”

SÁBADO 17 DE XUÑO DE 2017

CATEGORÍAS:

· Infantil: Podrán participar todos os nenos ata os 16 anos (incluídos).

· Adultos: Podrán participar todas as persoas a partir dos 16 años.

CONCURSANTES:

• Poderán participar neste concurso tódolos artistas que o desexen.

• A inscrición é gratuíta. Debe facerse unha pre-inscrición por correo electrónico en : [email protected]  ou no teléfono 986.723.349

TEMA:

• Seguindo co lema de “Paisaxes de Sanxenxo” este ano dedicámolo a: “Embarcacións e aparellos mariñeiros”. A obra deberá realizarse forzosamente “in situ”. Cada participante deberá escoller libremente o seu emprazamento para pintar a súa obra dentro do Concello de Sanxenxo.

TÉCNICA:

• As obras poderán ser realizadas con calquera técnica ou procedemento e con completa liberdade de tendencias ou estilos.

TAMAÑO E PRESENTACIÓN:

• Cada concursante poderá selar 2 soportes ou teas, pero participará cunha soa obra. As obras non terán ningún límite nas súas dimensións.

• Os soportes das obras a realizar deberán ser a unha soa cor e con textura

uniforme e lisa. Ningunha obra poderá presentarse enmarcada.

• As acuarelas presentaranse en soporte ríxido sen paspartú.

• O selado das teas ou soportes faranse de 10:00 a 10.30 horas, o sábado día 17 de Xuño no Circulo Cultural Deportivo Sanxenxo, Pedrouzos nº 3, 36969, Nantes-Sanxenxo.

OBRAS:

• Entregaranse obrigatoriamente asinadas polo autor ás 19:00 horas do mesmo día 17 de Xuño nas instalacións do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo.

• O xurado reunirase a posteriori e o luns comunicarémoslle o fallo do xurado ós premiados.

• As obras premiadas quedarán en propiedade do Círculo Cultural de Sanxenxo.

XURADO:

• Será designado polo Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo.

• As súas decisións serán inapelables.

• O Xurado reservase o dereito a resolver calquera caso non previsto nas bases.

• O Fallo do premio farase público o Martes 20 de Xuño ás 16:30 horas.

• A entrega de premios terá lugar a noite de San Xoán, ó rematar a tradicional cacharela.

• A participación neste concurso supón a aceptación destas bases, a conformidade coa decisión do xurado, e a renuncia a calquera reclamación.

PREMIOS:

· Categoría Infantil: Materiales de pintura.

· Categoría Adultos:

- 1º Premio: 400,00€

- 2º Premio: 200,00€

ORGANIZA: CÍRCULO CULTURAL Y DEPORTIVO DE SANXENXO

PATROCINA: ESTRELLA DAMM.

COLABORA: ADEGAS “TERRAS GAUDA”

Fechas
Sábado, 17 Junio, 2017

Noticias del Evento

Todavía no hay noticias que mostrar