
Este ano o Certame Escolar - Cultural "Os Picariños" ten duas convocatorias, unha para os nenos Socios do CCD Sanxenxo e outa para todos os nenos que queran participar.
Bases Nenos Socios do CCD Sanxenxo | Bases do Certame Aberto (non fai falta ser socio) |
XXVIII CERTAME CULTURAL ``OS PICARIÑOS´´ Premios Mestre HERMIDA 2020
Os premios denomínanse Mestre Hermida como homenaxe do Circulo Cultural Deportivo Sanxenxo, a ésta gran persoa e Mestre querido por todos os cativos dos colexios onde exerceu sua sabiduría e como agradecemento a todos os anos de colaboración como vicepresidente desta entidade. BASES: PRIMEIRA.- O presente Certame será literario tendo duas modalidades. a) NARRATIVA b) POESÍA SEGUNDA.- Establéncense tres categorías por cada unha das modalidades referidas: I) Para nenos e nenas ata oito anos cumpridos. II) Para nenos e nenas de nove a once anos cumpridos. III) Para nenos e nenas de doce a catorce anos cumpridos. TERCEIRA.- Poderán participar tódolos nenos e nenas que o desexen, sempre e cando sexan socios do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo. A participación neste Certame supón a aceptación integra das presentes bases CUARTA.- A temática será completamente libre, ainda que tódalas obras deberánse presentar enteiramente escritas e tituladas en lingua galega, sendo ademáis inéditas e orixinais. QUINTA.- Cada traballo presentaráse escrito en papel folio ou DIN A4 co título e texto mecanografiado, impreso ou manuscrito pero anónimo. SEXTA.- Os Traballos enviaranse á oficina do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo no lugar de Pedrouzos nº 3, CP-36969, Sanxenxo adxuntando no correo electrónico administracion@ccdsanxenxo.com, o traballo. Indicarase a parte o nome do participante, idade, domicilio e un teléfono ou correo electrónico. O prazo de entrega rematará ás 20:00 horas do día 15 de Maio. SÉTIMA.- O xurado estará composto por tres membros entre recoñecidos profesionais da Cultura, e un secretario que actuará con voz pero sen voto en representación do Entidade Organizadora do Certame. OITAVA.- Por maioría de votos dos membros do xurado, concederanse dous premios Individuais por cada unha das modalidades convocadas, consistentes en unha quincena de clase de tenis de tres horas semanais para o primer premio, e unha semana de clase de tenis de tres horas semanais, ambas na primeira quincena do mes de xullo, para os rapaces autores das obras premiadas. No caso de non aceptar as clases de tenis o premio sería en material educativo. NOVENA.- O xurado emitirá o seu fallo o 23 de Maio e posteriormente notificarase os gañadores para que elixan o premio. Calquera premio poderá ser declarado deserto se o xurado así o estima, e a decisión será inapelable. DÉCIMA.- Unha copia das obras premiadas quedará en propiedade do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, que se reserva a totalidade dos dereitos dos traballos elexidos, devolvendo as obras que así o soliciten no prazo dun mes a partires do remate do Certame. ORGANIZA O CÍRCULO CULTURAL DEPORTIVO SANXENXO. COA COLABORACIÓN DE: CONCELLO DE SANXENXO. FUENTE LIVIANA CONSERVAS A ROSALEIRA VIAXES INTERRIAS SANXENXO
|
XXVIII CERTAME ESCOLAR – CULTURAL ``OS PICARIÑOS´´ Premios Mestre HERMIDA 2020
Os premios denomínanse Mestre Hermida como homenaxe do Circulo Cultural Deportivo Sanxenxo, a esta gran persoa e mestre querido por todos os cativos dos colexios e como agradecemento a todos os anos de colaboración como vicepresidente desta entidade. BASES: PRIMEIRA.- O presente Certame será literario tendo dúas modalidades. a) NARRATIVA
SEGUNDA.- Establécense dúas categorías por cada unha das modalidades referidas: I) INFANTIL, para nenos e nenas de Educación Primaria. II) XUVENIL, para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. TERCEIRA.- Poderán participar tódolos rapaces e rapazas que o desexen que estean matriculados/as nun centro educativo tanto público como privado, sempre e cando pertenza o Concello de Sanxenxo. A participación neste Certame supón a aceptación integra das presentes bases. CUARTA.- A temática será completamente libre, aínda que tódalas obras deberanse presentar enteiramente escritas e tituladas en lingua galega, sendo ademais inéditas e orixinais. QUINTA.- Cada traballo presentarase nun documento de Word ou PDF e será anónimo. Enviarase ao enderezo electrónico administracion@ccdsanxenxo.com poñendo no asunto “Picariños” e indicando no texto do correo os seguintes datos: Categoría e modalidade na que se presenta Nome e apelidos do autor/a Centro educativo e curso SEXTA.- O prazo de entrega rematará ás 20:00 horas do día 15 de maio. SÉTIMA.- O xurado estará composto por tres membros entre recoñecidos profesionais da cultura, e un secretario que actuará con voz pero sen voto en representación da entidade organizadora do Certame. OITAVA.- Por maioría de votos dos membros do xurado, concederanse dous premios individuais por cada unha das modalidades convocadas, consistentes nun lote de libros ou material escolar, e un curso de iniciación ó tenis ou de perfeccionamento para os/as autores/as das obras escollidas, así como un premio especial para un dos centros os que pertenza o alumnado elixido. NOVENA.- O xurado emitirá o seu fallo o 23 de maio e posteriormente notificarase ós gañadores para que elixan o premio. Calquera premio poderá ser declarado deserto se o xurado así o estima e a decisión será inapelable. DÉCIMA.-Unha copia das obras premiadas quedará en propiedade da Entidade Organizadora, que se reserva a totalidade dos dereitos dos traballos elixidos, devolvendo as obras que así o soliciten no prazo dun mes a partires do remate do Certame. RGPD E POLÍTICA DE PRIVACIDADE O Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo é o responsable do tratamento dos datos persoais do Interesado e lle informa que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD), polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento: Fin do tratamento: tramitacións que se deriven da xestión do concurso. Criterios de conservación dos datos: os datos conservaranse mentres sexan necesarios para a consecución das referidas finalidades, para determinar as posibles responsabilidades que puideran derivar destas ou do tratamento de datos, en todo caso, durante os prazos establecidos pola lexislación vixente. En determinados casos, conservaranse para ditas finalidades en tanto a persoa interesada non retire o seu consentimento. Cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimirase a información con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos (será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentos). Comunicación dos datos: non se comunicarán os datos a terceiros, salvo obriga legal. Dereitos que asisten ó interesado: dereito a retirar o consentimento en calquera momento, dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento, así como o dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control (www.agpd.es) si considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente. Datos de contacto para exercer os seus dereitos: poderá exercitar os seus dereitos enviando unha solicitude xunto co documento acreditativo da súa identidade a: Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo, lgr. Pedrouzos, 3, 36969 – Nantes ou no enderezo electrónico administracion@ccdsanxenxo.com ORGANIZA O CÍRCULO CULTURAL DEPORTIVO SANXENXO. COA COLABORACIÓN DE:
|